Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca || Axenda || Axenda Interna
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Sala de exposicións do Museo Provincial


17/06/2013 Museos Públicos 25.2: Traballos realizados polos reclusos do Centro Penitenciario de Bonxe

Dentro do proxecto global EnREDarte, o programa Espazos públicos de visibilidade pon en marcha a iniciativa Museos Públicos 25.2 co dobre obxectivo de achegar os museos a colectivos que non son, tradicionalmente, usuarios dos mesmos e o de colaborar na integración social a través da cultura, atendendo ao mandado no artigo 25.2 da Constitución:


17/06/2013 PRÓXIMA EXPOSICIÓN: Estar, de Jesús Otero-Yglesias

Inauguración: Mércores, 26 de xuño de 2013, ás 20:00 horas (Invitación)


20/05/2013 EXPOSICIÓN: O debuxo na arte galega contemporánea

Inauguración: xoves, 23 de maio, ás 20:00 horas. (» Invitación))


22/04/2013 EXPOSICIÓN: Mongol Rally 2012 (Rábade - Ulán Bator)

Inauguración: xoves, 25 de abril, ás 20:00 horas. A presente exposición fotográfica reúne unha colección de fotografías recollidas polo equipo "Malo Será" durante a súa participación no "Mongol Rally 2012" o pasado mes de xullo.


11/04/2013 EXPOSICIÓN: Culturas para compartir. Xitanos hoxe

Inauguración: Luns, 15 de abril, ás 20:00 horas. A Rede Museística Provincial de Lugo acolle no refectorio do MPLugo desde o 15 de abril ao 8 de maio de 2013 o Proxecto Culturas para compartir: Xitanos hoxe, unha iniciativa da Fundación Secretariado Gitano en colaboración con outras institucións, coa intención de ofrecer un recurso máis na procura de educar as novas xeracións no coñecemento da cultura xitana.


19/03/2013 EXPOSICIÓN: Sinais na pedra. Dos petróglifos ás labras

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, inaugurou a exposición ‘Sinais na Pedra. Dos Petróglifos ás Labras’, que se poderá visitar no Museo Provincial dende hoxe até o vindeiro 20 de abril e na que se fai un percorrido polos sinais e pegadas que deixaron na pedra os nosos devanceiros. Na inauguración tamén estiveron presentes o secretario da asociación Trebas Galaicas, José Prieto, e o presidente da A.C. Festa da Prehistoria de Mos, Marcos Escudero, quen ceden as pezas para esta exposición.


07/02/2013 EXPOSICIÓN: BEN-CHO-SHEY. 50 anos de maxisterio cultural (1918-1968)

Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, xunto a Xoán R. Cuba, comisario da mostra e coordinador xeral do Ano Ben-Cho-Shey, inauguraron a exposición "Ben-Cho-Shey. 50 anos de maxisterio cultural", mostra que vai permanecer aberta ao público na Sala de Exposicións do MPLugo ata o 20 de maio vindeiro. Coa asistencia de numeroso público, interviron tamén no acto na parte musical Mini e Mero, e as actrices Tareixa Campo e Paloma Lugilde deron lectura a unha escolma do "Diario de Lugo", un texto da autoría de Xosé Ramon e Fernández-Oxea que o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo publicará proximamente.


  1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 »

Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768