Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca || Axenda || Axenda Interna
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Sala de exposicións do Pazo de San Marcos




31/01/2014
EXPOSICIÓN: Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo

Inauguración: venres, 7 de marzo, ás 20:00 horas (Invitación para asistir a este acto)
A exposición Olladas de muller sobre a “Guía Postal de Lugo” de Maruja Mallo xira arredor dunha obra que fora realizada por Maruja Mallo en 1929 por encargo da Deputación de Lugo. O cadro, titulado “Guía Postal de Lugo”, ilustraba as páxinas do libro Lugo y su provincia (Libro de Oro), publicado tamén nese mesmo ano. Nesta obra, a artista ofrece a súa visión da provincia de Lugo, mesturando modernidade e tradición co seu propio imaxinario. Actualmente forma parte da colección do Museo Provincial de Lugo.

EXPOSICIÓN: Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo
// Mónica Alonso // Carla Andrade // Mónica Cabo // Carolina Cruz Guimarey // Xisela Franco // Carmen Llonín // Paulova (Paula López Vallejo) // Antía Moure // Colectivo Tanuki (Nieves Neira e Cristina Sánchez) // Vari Caramés
Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)
(desde o 7 de marzo ao 19 de maio de 2014)
Entrada gratuíta

Horario
Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Pechado os días:24, 25 e 31 de decembro.

Sala de Exposicións Pazo de San Marcos
Edificio da Deputación Provincial de Lugo
R/ San Marcos s/n
27001 Lugo

Contactos: Tfno.: 982 242112 / info@museolugo.org
»»Arquivo na GOOGLE OPEN GALLERY da EXPOSICIÓN: Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo
____
PROGRAMA ACTO DE INAUGURACIÓN
»Presentación do catálogo “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0”.
»Performance “A deriva de Maruja Mallo” de Cristina Sánchez e Nieves Neira, do Colectivo Tanuki.

_____OUTRAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Sábado, 8 de marzo
»17:00 h.: Teatro: Non son d'acó, por Do Miolo Cía (dentro do proxecto "Culturas en dialogo: Lugo-Arxentina")

»18:30 h.: Mesa redonda: Debate e crítica en feminino
Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)
Interveñen:
Amabel González Troncoso, é licenciada en Historia da Arte pola USC e Máster en Deseño e Xestión de Exposicións no Centro Superior de Edificación, Fundación Antonio Camuñas de Madrid. Posúe unha larga experiencia na difusión educativa museística e a xestión cultural, na arte contemporánea e as artes escénicas, traballando para varias institucións públicas. Actualmente realiza a tese sobre ó graffiti en Galicia coa USC, e xestiona proxectos culturais baixo o pseudónimo de “proyecto apsara”; accións que compaxina co seu labor como Técnico de Museos no Museo de Belas Artes da Coruña.
Bárbara G. Vilariño é periodista especializada en cultura e visión de xénero. Posúe experiencia en medios escritos e dixitais como “Xornal de Galicia” e na radio, Cadena COPE. Actualmente é asesora de comunicación e colabora na revista de visión de xénero Pikara Magazine.
Rocío Figueroa Guisande, é licenciada en Historia da Arte pola USC e desenvolve dende fai anos a súa carreira profesional no ámbito da educación e a didáctica en centros educativos, museos e institucións culturais. Así mesmo, como crítica de arte colabora habitualmente para diferentes medios impresos e online (DARDOmagazine; La Raya Verde; Nicola Mariani, Arte y Sociedad; etc.), e tamén en proxectos de comisariado de exposicións con artistas novos.
Verónica Martínez Delgado, é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, conta co Diploma de Estudos Avanzados da mesma universidade e cun Posgrado en Xestión Cultural pola Universitat Oberta de Catalunya. Traballou en diversas galerías de arte e museos do país e na actualidade é profesora de Animación Sociocultural. Dende moi nova está vencellada ao mundo da literatura galega. É autora de diversas obras premiadas e publicou máis de vinte títulos entre libros individuais e colectivos, a maior parte deles de poesía e algún ensaio relacionado co mundo da arte e a xestión cultural.
Modera: Encarna Lago, xerente da Rede Museística

»20:00 h.: Acto inaugural (en Galicia): Festival Miradas de Mulleres 2014
-Lectura colectiva entre artistas e xestores do artigo 26 da Lei de Igualdade.
-Intervención de Encarna Lago, xerente da Rede Museistica
-Discurso de Paula Cabaleiro, directora do festival en Galicia
-proxección do “Proxecto de visibilidade”(fotografías de traballadoras da cultura en galicia, recompiladas mediante convocatoria aberta a través de redes sociais, democratizando a participación.
-Performance “Limpa e Pura”, de Neves Seara
-Degustación viño albariño “D. pedro de Soutomaior”, cortesía de adega patrocinadora Adegas Galegas.
»» (Web oficial do Festival Miradas de Mulleres 2014)

Xoves, 13 de marzo
»17:00 h.: Memorias de Maruja Mallo arredor dun café, con José Vázquez Cereijo.
Conduce: Encarna Lago
Lugar: Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)

Luns, 17 de marzo
»17:00 h.: O son da historia de Lugo arredor dun café, con Paco Nieto.
Conduce: Encarna Lago
Lugar: Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)

Luns, 24 de marzo
»17:00 h.: De Ana María Gómez González a Maruja Mallo, por María Quiroga Figueroa e Mª Ofelia Carnero Vázquez.
Lugar: Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)

Mércores, 26 de marzo
»20:30 h.: »Representación teatral da peza “Fémina Sápiens”, da compañía Inversa Teatro.
Lugar: Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)
__________
OLLADAS DE MULLER SOBRE A "GUÍA POSTAL DE LUGO" DE MARUJA MALLO
Esta exposición enmárcase dentro dunha nova edición de A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0, unha iniciativa centrada na visibilización das mulleres no eido creativo, levada a cabo pola Rede Museística Provincial de Lugo, área de Cultura, vicepresidencia 1ª.
A exposición, comisariada por Encarna Lago e Anxela Caramés, inaugurarase o día 7 de marzo e celebrarase na Sala da Deputación de Lugo durante o mes de marzo. O proxecto expositivo está sendo coordinado por Ana Etcheverría e forma parte do Festival Miradas de Mujeres 2014, organizado por MAV (Asociación de Mujeres en las Artes Visuales) no ámbito estatal, e coordinado a nivel galego por Paula Cabaleiro.
As artistas seleccionadas recrearán a obra orixinal en linguaxes artísticas actuais: instalación, pintura, fotografía, vídeo, danza… Contaremos con 9 proxectos inéditos realizados por Mónica Alonso, Carla Andrade, Mónica Cabo, Carolina Cruz Guimarey, Xisela Franco,Carmen Llonín, Paulova e o Colectivo Tanuki (Nieves Neira e Cristina Sánchez), xunto a Vari Caramés, que participará cunha fotografía do proxecto Miradoiro Galicia.
Xunto a esta selección de artistas, con obra producida específicamente para este proxecto, unha serie de propostas pensadas para ser difundidas de forma dixital tamén poderán ser visionadas na propia sala de exposicións.

_____Convocatoria para participar na exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo
A Rede Museística de Lugo promove unha convocatoria pública para participar na exposición de forma virtual a través de plataformas online (redes sociais como o facebook de Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo, blog de Enredarte e a páxina web do Museo Provincial de Lugo).
Nesta convocatoria anímase ás participantes a reflexionar sobre a figura desta gran artista a partir do seu cadro Guía Postal de Lugo, así como sobre a propia cidade lucense.
Podes consultar as bases aqui:
»» » Connvocatoria (bases en galego)
»» » Connvocatoria (bases en castelán)
» » EnREDarte

_____Queres formar parte dunha obra de arte?
Algunha das artistas participantes na exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo precisan da vosa axuda para confeccionar as súas obras. Trátase de Mónica Alonso e Carolina Cruz Guimarey, que nos fixeron chegar unha convocatoria para que as persoas que así o desexen podan formar parte da súa obra.
Podedes atopar información moito máis detallada seguindo as ligazóns que imos compartir con vós ou simplemente buscar no blog na sección sobre a exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo.
Non perdades esta oportunidade única de formar parte dunha obra de arte e non vos esquezades de seguir o grupo en facebook para estar informados puntualmente de todo o que vai acontecendo no proxecto.
•Convocatoria Mónica Alonso aquí
»» Nota informativa e cuestionario de Mónica Alonso

•Convocatoria Carolina Cruz Guimarey aquí
__________


A Lei Orgánica 3/2007 do 22 de marzo para a igualdade efectiva de mulleres e homes establece no seu artigo 26.2., que os distintos organismos, entes e demais estruturas das administracións públicas que, de modo directo ou indirecto, configuren a rede pública de xestión cultural, debemos desenvolver iniciativas destinadas a favorecer a promoción específica de mulleres na cultura e a combater a súa discriminación estrutural. Así mesmo, levar a cabo políticas activas de axuda á creación e produción artística de autoría feminina.
Este proxecto “Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo” é unha iniciativa máis das moitas que se están a desenvolver dende a Vicepresidencia 1ª e a Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo a prol de traballar pola igualdade efectiva entre mulleres e homes.
Esta exposición xira arredor de Guía Postal de Lugo, un cadro que fóra pintado por Maruja Mallo e que forma parte da colección do Museo Provincial de Lugo. Foi realizado en 1929 por encargo da Deputación de Lugo, para ilustrar as páxinas do libro Lugo y su provincia (Libro de Oro).
A artista ofrece a súa visión de Lugo a través dun collage de diversos lugares da provincia, a modo de postais superpostas. Mestura modernidade e tradición, co seu propio imaxinario, dando lugar a unha obra moi rica en significados e matices, onde o real fúndese co irreal.
Convidouse a 10 mulleres artistas a recrear e reinterpretar a obra orixinal utilizando diferentes técnicas e conceptos. Buscábase relacionar a linguaxe plástica e innovadora de Maruja Mallo coas tendencias visuais actuais, establecendo vínculos e diferenzas, para mostrar as múltiples posibilidades de abordar o tema tratado en Guía Postal de Lugo.
Na mostra pódense apreciar aproximacións moi variadas en 9 proxectos inéditos, desde a performance e a danza butoh a cargo do Colectivo Tanuki (Nieves Neira e Cristina
Sánchez), ou varias propostas que parten da idea do collage: no estilo kitsch de Paulova
(Paula López Vallejo), incluíndo un retrato dela posando como Maruja Mallo; na liña intimista de Antía Moure, con debuxos oníricos que evocan os seus recordos de Lugo; ou audiovisual, mesturando o vídeo coa ollada cinematográfica do tomavistas de súper 8 de Xisela Franco. A fotografía é outro dos medios elixidos para falar da visión utópica e urbana de Maruja Mallo, amosada xunto ao seu pasado histórico en tres das instalacións presentadas na exposición: Carla Andrade, a partir dun xogo de transposicións e traslacións abstractas que subliman a paisaxe lucense; Carmen Llonín, nun postaleiro que ofrece unha visión emocional e monumental dun Lugo fundamentalmente natural; e Mónica Cabo, que a través dunha proxección de diapositivas que recolle as partes traseiras dos edificios pintados en Guía Postal de Lugo, nunha antítese da postal turística. Carolina Cruz Guimarey tamén baseouse na idea de postal para elaborar unha instalación colaborativa composta de sobres recheos de terra enviados por lucenses residentes fóra da provincia, para falar sobre os que xa non están. Finalmente, Mónica Alonso ofrece os resultados das súas persoais investigacións en teorías do psicoespazo, co fin de achar a estación do ano na que Maruja Mallo inspirouse para pintar o cadro.
Xunto a estas obras, tamén pódense ver unha serie de traballos artísticos dixitalizados, pensados tanto para ver proxectados como on-line, nunha exposición virtual integrada de obras enviadas por mulleres creadoras de todas as disciplinas, que foron recibidas a partir dunha convocatoria pública lanzada a través das redes sociais, o blog de Enredarte e a páxina web do Museo Provincial de Lugo.
O proxecto expositivo enmárcase dentro do programa A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0, unha iniciativa centrada en dar visibilidade ás mulleres no eido creativo levada a cabo pola Rede Museística Provincial de Lugo.
Nunha estratexia de subversión, inclúese a participación masculina para poñer en evidencia os mecanismos que permiten asumir, sen cuestionar, a minoría feminina en determinados proxectos culturais. Nesta edición, Vari Caramés contribúe a darlle a volta cunha fotografía tomada na Muralla de Lugo, lugar emblemático que aparece no cadro de Maruja Mallo. A obra está integrada na publicación Miradoiro Galicia, unha serie concibida para o Xacobeo 2010, na que ofrece a súa máxica e suxestiva visión sobre Galicia, entre a contemporaneidade e a tradición popular.
A exposición tamén forma parte do Festival Miradas de Mujeres 2014, que organiza o MAV (Asociación de Mujeres en las Artes Visuales) para favorecer a arte creada baixo unha ollada feminina. A coordinación galega correu a cargo de Paula Cabaleiro.
Comisariado:
Encarna Lago e Anxela Caramés



__________
Para + info: guiapostaldelugo@gmail.com / » » Facebook: Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo


Enlaces de interese:
2155_Nota informativa e cuestionario de Monica Alonso.pdf
2155_Invitacion_OLLADAS DE MULLER.pdf



< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768