27/11/2008
OQO. Novas formas de mirar o álbum ilustrado
Na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (Sede da Deputación de Lugo).
Dende o 27 de novembro ao 19 de decembro de 2008.
Entrada gratuíta
Horario
Luns a venres: De 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 h. e 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: de 11 a 14 h.
Edificio da Deputación Provincial de Lugo
R/ San Marcos s/n
Lugo
Contactos: Tfno.: 982 242112 / info@museolugo.org
__________
Achegarse ao Álbum Ilustrado supón enfrontarnos a unha marea de títulos que expoñen abertamente o diálogo texto-imaxe e a creadores plásticos que se presentan a un público -sobre todo infantil- capaz de gozar dese produto artístico e afondar perceptivamente nel. Os artistas da ilustración exprésanse con liberdade de formas, cores, técnicas… coas que constrúen mundos fantásticos. Estas creacións chaman a atención dun espectador condicionado por unha contemplación posmoderna que o obriga a buscar un novo xeito de mirar, a activar a sensibilidade para dialogar nunha perspectiva diferente… Resulta estimulante coñecer estas propostas contemporáneas de expresión plástica e gozar delas independentemente da nosa idade. Estas novas formas artísticas obrigan a crear un novo concepto expositivo onde a solución pasa por indagar no libro como obxecto, nos seus contidos formais, estéticos, literarios… Propoñer unha “performance” que permita ver, tocar, ler e dialogar coa obra e co seu soporte. O Álbum Ilustrado convértese, nesta mostra, en obxecto artístico pleno, en diálogo cun contexto tridimensional capaz de combinar novas formas de expresión artística.
OQO
Enlaces de interese:
831_inaug_OQO.pdf
< voltar
|