Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Axenda
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo
> Museo Etnográfico San Paio de Narla
> Museo Provincial do Mar
> Pazo de Tor

Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook






Gráfico separador

>   Axenda



05/12/2008
INAUGURACIÓN: Os Urogallos

Inauguración: 5 de decembro, ás 20:00 horas.

Do 5 ao 31 de decembro de 2008.
Sala 25 do Museo Provincial de Lugo.
Entrada gratuíta

Horario
Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.

Pechado os días: 24, 25 e 31 de decembro.

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade s/n
27001 Lugo
Tfno.: 982 242112
info@museolugo.org

__________
A historia de Os Urogallos comeza en Lugo a principios da década dos 60 cando seis mozos, amigos e artistas, chamados Jesús Blas Lourés, Manuel Cancio Varela, Tino Prados López, José López Guntín, Antonio Estrada e Luis Gómez Pacios deciden desenvolver unha idea ata o momento inédita no panorama artístico da cidade de Lugo. Tratábase de achegar a arte ao pobo, expoñendo as súas obras no céntrico local hostaleiro chamado Ferreirós. Mostras moi dinámicas que se renovaban continuamente e que acadaron un gran éxito.
O destino fixo que o recén nomeado Gobernador Civil da provincia, don Luis Azcárraga e Bustamante, home dunha sensibilidade especial para as artes, quedase gratamente impresionado ao visitar o citado establecemento polo que decide axudar aos seis artistas noveis. Facilítalles un local situado nun terceiro andar na Praza de Santo Domingo, na que se habilitan estudos para que os artistas puidesen pintar comodamente e onde terán espazo suficiente para almacenar toda a obra que producisen. Ademais, facilítalles vales para mercar lenzos e pinturas. O local inaugúrase un día do mes de maio de 1962 cunha exposición de obras dos seis artistas que tivo un gran eco no Lugo da época. O Sr. Azcárraga, mentor e padriño do grupo, vai ser ademais quen os bautice como Os Urogallos ispirándose, ao parecer, nun destes animais que tiña disecado sobre a mesa do seu despacho.
A partir deste momento as portas do recén inaugurado estudo permanecen abertas. Os seis pintores, ademais de expoñer no local de Santo Domingo, tentan achegar a arte ao público organizando coloquios e exposicións itinerantes por toda a provincia.
Pero Os Urogallos non será un grupo fechado. As súas portas están abertas para todos os artistas que queiran unirse a eles, o que ocorrerá moi pronto coa chegada do escultor Juan Puchades Quilis, natural de Valencia pero afincado en Mondoñedo.
Durante os dous anos escasos que o grupo permanece baixo a protección da Gobernador Civil de Lugo, Os Urogallos desenvolven unha frenética actividade artística.
O traslado do Sr. Azcárraga e Bustamante a outra cidade supón a supresión das axudas e o peche do local de Santo Domingo. Un duro golpe aínda que o grupo continúa dalgunha forma unido coas exposicións do Ferreirós.
A principios dos anos 70 un xornal lucense faise eco do renacemento dos Urogallos. Nesta segunda etapa o grupo está integrado por Puchades, Cancio, Blás Lourés, Tino Prados, Pacios e López Guntín. Celebran exposicións en 1973 en Vilalba, Guitiríz e Mondoñedo, e tamén no Liceo da Coruña. Despois o grupo disólvese definitivamente e cadaquén seguirá o seu camino, a maioría cultivando a súa paixón, madurando como creadores. E hoxe, corenta e seis anos despois, a pesar de que moitos dos integrantes xa non estean entre nós, lembrámolos a través das obras que produciron naquel tempo.

[Maria Quiroga Figueroa]

Enlaces de interese:
855_INVITACIÓN_inaug_Urogallos0001.pdf



< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768