20/10/2008
Aurelia Balseiro, nova directora do Museo Provincial de Lugo
Aurelia Balseiro García, Licenciada en Historia da Arte na especialidade de Museoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi nomeada nova directora do Museo Provincial de Lugo, cargo vacante desde o cesamento de Lucila Yáñez en 1998.
Aurelia Balseiro, natural do concello lucense d'O Vicedo traballa na Deputación de Lugo desde o ano 1997 onde ocupou diversos postos, sendo o máis recente o de Técnica de Actividades Sociocultarais da Área de Cultura dependente da Vicepresidencia Primeira do organismo provincial. A nova directora do Museo Provincial de Lugo é doutoranda en arqueoloxía, con recoñecemento de suficiencia investigadora, conta con formación pedagóxica, traballou como documentalista, en publicacións institucionais e audiovisuais, e na xestión sociocultural .
É autora de artigos publicados en revistas, xornais, boletíns e actas de congresos e impartiu conferencias relacionadas coa arqueoloxía do ouro, o Camiño de Santiago ou a arquitectura popular.
No acto de presentación aos medios de comunicación estiveron presentes, xunto a Aurelia Balseiro, Antón Bao, Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, Deputado Delegado da Área de Cultura, o Asesor Técnico de Cultura e Deportes, Eduardo Fernández Abel, e a Asesora de Cultura, Raquel Abraira. Antón Bao encadrou o nomeamento como o paso definitivo para a conversión do Museo Provincial nun servizo público e nun referente sociocultural, non só provincial, senón que tamén de Galiza e do Estado.
Aurelia Balseiro, pola súa parte, manifestou a seu desexo de formar equipo cos profesionais que conforman o cadro de persoal para facer do museo un espazo aberto ao servizo dos cidadáns.
AURELIA BALSEIRO GARCÍA
O Vicedo , Lugo, 1967.
Licenciada con grao en Xeografía e Historia pola Univ. De Santiago coa especialidade de Museoloxía
Doutouranda en Arqueoloxía
Investigadora (recoñecemento da Univ. De Santiago)
Formación pedagóxica complementaria
Conferencias relativas á Arqueoloxía do ouro e ao camiño de Santiago
Publicacións en revistas, periódicos, boletíns, actas de congresos relativas aos dous temas devanditos e á historia, arte ou arquitectura popular en xeral.
Experiencia como documentalista e traballo no eido das publicacións institucionais e en audiovisuais
Traballo no eido da xestión sociocultural da Administración Local dende 1991.
1991. Memoria de Licenciatura (tesina): “El oro prerromano en la provincia de Lugo”.
Dirección: Dra. Raquel Casal García. Calificación: SOBRESAÍNTE
1993. “A riqueza aurífera do Noroeste peninsular” Cursos Doctorado de Arqueoloxía.
- Bolsa da Universidade de Santiago de Compostela para a participación no II Congreso de Arqueoloxía Peninsular de Zamora. Setembro 1996.
- Bolsa da Universidade de Santiago de Compostela para unha estadía en centro de investigación (Instituto Valencia de Don Juan, Madrid). Xaneiro1997
- Bolsa da Universidade de Santiago de Compostela para unha estadía en centro de investigación: Musée des Antiquités Nacionales (París- Francia)
- Excavación arqueolóxica no Castro de Barán (Paradela, Lugo). Dtor. Excavación: Antonio Álvarez Núñez. Xullo -agosto 1991
- Conferencias impartidas:
- El comentario de las obras de arte nas II Xornadas sobre el comentario de texto. Burela (Lugo) 1991
- A cultura castreña nas conferencias organizadas pola Casa da Administración de Sargadelos (Cervo, Lugo). Febreiro- maio 1992
- A orixe do fascismo no Instituto de Bacharelato de Viveiro (Lugo). Marzo 1992
- Arqueoloxía do ouro: tipoloxía da orfebrería antiga no curso de verán da Univ de Santiago “Arqueoloxía da península Ibérica”. Xuño 1994
- Orfebrería antiga lucense no Seminario de Estudos Terra de Viveiro. Marzo 1995.
- As xoias dos nosos devanceiros. Aproximación á colección de ourivería antiga do MPL nas Xornadas Pedagóxicas do MPL. Xuño 1995
- Aproximación á orfebrería castrexa: El Tesoro Bedoya no curso de verán “Ferrol Terra Galaico Romana”. Xullo 1996
- Problemática do estudio da orfebrería prehistórica do Noroeste Peninsular no II Congreso de Arqueoloxía Peninsular. Zamora. Setembro 1996
- As producións metálicas: a ourivería no Seminario de economía galaico-romana. Vilalba decembro 1998
- Os camiños de Santiago. ano 1999 nos centros de F.P. de Burela; C.E.I.P. “Pedro Caselles Rollán” de Xove; “Vicente Casabella” de Ourol.
- Santiago e a peregrinación. Ano 2000. C.E.I.P. de Muras; Sta. Mª de O Valadouro; “Álvaro Cunqueiro Mora” de Mondoñedo; “Rosalía de Castro” de Pol; “José Luis Tabeada” de Carballedo; “Luis Díaz Moreno” de Baralla; Pobra de Brollón; Nadela, Lugo; Xermade e I.E.S. de A Pastoriza.
- Santiago e as peregrinacións. Ano 2002. C.E.I.P. de San Miguel de Reinante de Barreiros; Lourenzá; Meira; Parga de Guitiriz; Friol; Monterroso; Portomarín; “Frai Luis de Granada” de Sarria; Samos; Pantón.
- Publicacións:
-El comentario de las obras de arte en El comentario de Texto. Edit. A Mariña. Burela 1992.
- El torques y la arracada, dos joyas arqueológicas de Burela. En La Voz de Galicia/A Mariña. 4/VII/1992
- Orfebrería prehistórica melidense en Boletín de Estudios Melidenses nº 7. 1992
- El torques de Burela en El Progreso 4/VI/1993
- Las pinturas de la antigua iglesia de Vila do Medio (Burela) en La Voz de Galicia / A Mariña. Xuño 1994
- Percorrido histórico-artístico polo Concello de Cervo (serie de 8 artigos) en La Voz de Galicia / A Mariña 1994
- Aproximación a la minería aurífera del Noroeste peninsular en Boletín do Museo Provincial de Lugo nº VI 1994 p. 159-170
- El oro prerromano en la provincia de Lugo. Deputación de Lugo. 1994
- Burela (Lugo) suplemento nº 43 da revista LVCVS. Deputación de Lugo. 1996 p.23-29
- Problemática del estudio de la orfebrería prehistórica del Noroeste peninsular. Actas del II Congreso de Arqueología Peninsular. Zamora 1996
- Tecnología del oro prerromana en el Noroeste peninsular en El oro y la orfebrería prehistórica de Galicia. Deputación de Lugo. 1996 p.41-54
- Aproximación a la orfebrería castrexa: El tesoro Bedoya. Actas del curso Ferrol Terra GalaicoRomana. Concello de Ferrol. 1997 p.49-68
- Imágenes de Santiago en El Progreso 8/XII/1997
- Iconografía del Apóstol Santiago en Galicia en Lucensia nº 17 (vol. VIII) Lugo 1998 p- 375-382
- As producións metálicas: a ourivería en Economía Galaico-romana. Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. 1998
- Santiago en revista Semana Santa de Viveiro. 1999
- A igrexa da vila do Medio de Burela en revista “A Rula de Burela”. Setembro 1999
- Diademas áureas prerromanas. Análisis iconográfico y simbólico de la diadema de Ribadeo/Moñes. Deputación de Lugo. 2000
- El torques argénteo de Mondoñedo. Un producto foráneo. BMPL. 2000.
- A ourivería na Idade do Bronce. BMPL nº 11 (vol 1.)2003-2004
- Os cabozos. Convivencia de varias tipoloxías na parroquia de Suegos (O Vicedo, Lugo) BMPL nº 12 (vol 1.) 2005-2006
- Textos e documentación do sitio web da Deputación Provincial de Lugo (Internet)
- Coordinación, documentación e textos da publicación anual da Deputación Provincial de Lugo: O Gaiteiro de Lugo dende 1997 ata 2008
Outras actividades:
- Labor de apoio na organización da exposición “Galicia no tempo”. Santiago de Compostela. Abril- maio 1992
- Estudo e catalogación da colección de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo.
- Presentación e guión do programa de TV “O Camiño” realizado polo S.T.D. da Deputación de Lugo.
- Secretaría da Asociación de Amigos del Camino de Santiago de la provincia de Lugo e traballos de organización de itinerarios culturais, charlas e disertacións sobre o Camiño de Santiago (1996-2000)
- Documentación e guión do vídeo do S.T.D. da Deputación de Lugo “Viveiro, vila alegre”. 1999.
- Técnico de cultura do concello de Cervo (Lugo) (1991-1994)
- Secretaría do curso de verán da Univ. De Santiago de Compostela “Arqueoloxía da península Ibérica”. Cervo 1994
- Animadora sociocultural nas colonias de verán organizadas polo I.S.M. (Casa do Mar, Burela). Xullo 1995, 1997 e 1997.
- Asesoría en materia cultural para a Deputación de Lugo (contrato adtvo. Ano 1997)
- Auxiliar Servizo de Cultura e Comunicación da Deputación de Lugo (1998-2007)
- Técnico de Actividades socioculturais da Deputación de Lugo dende 2007
_________________________
< voltar
|