Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca Axenda
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Mediateca





03/03/2010
Fotogrametría do Cadeado de truco do Museo Provincial de Lugo

Os avances en informática gráfica permiten crear unha realidade virtual en 3D que axuda a catalogar, conservar e divulgar, coa máxima fidelidade, a información dos obxectos arqueolóxicos que se estudan e custodian nos museos. Esta fotogrametría dixital realizada por Rubén Pintor Fuentes, da empresa Studo3D, amosa as posibilidades destas tecnoloxías como, por exemplo, visualizar a apertura virtual do cadeado e simular o seu posible uso.

CADEADO DE TRUCO DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
Este cadeado de bronce figurativo ingresou no Museo Provincial de Lugo en calidade de depósito da Xunta de Galicia o 12 de xuño de 1998.
Procede dunha escavación arqueolóxica dirixida por Francisco Hervés Raigoso nunha das estancias da denominada “Casa de Océano”, na rúa Doutor Castro, de Lugo.
Unha vez depositado no Museo foi limpado e sometido a tratamentos de conservación, e intetouse a súa apertura, que resultou imposible.
Os primeiros estudos dos especialistas supoñían que se trataba dun anel-relicario.
Ao ter coñecemento dunha peza semellante achada nunhas escavacións en Salona, Eslovenia, os técnicos do Departamento de Historia e Arqueoloxía do Museo conclúen que se trata, en realidade, dun cadeado coa fechadura agachada.
A comparación con outros cadeados con máscara localizados en museos europeos permíteunos coñecer o sistema de apertura, identificar as súas catro partes e reconstruir o seu funcionamento:
1. Tapa decorada con máscara humana
2. Caixa que alberga o mecanismo interior de peche
3. Aro móbil (algúns teñen cadeiña)
4. Chave

O cadeado de truco de Lugo debeu ser fabricado en dúas partes unidas ao cerrollo cunha bisagra que permitía abrir e cerrar a tapa e acceder á caixa na que se encontra o mecanismo de cerre e a apertura do aro móbil macizo.
A tapa vai decorada cun rostro con toucado de estilo orientalizante.
Estes cadeados servían para fechar pequenos cofres, caixiñas ou bolsiñas para gardar obxectos persoais ou de valor como moedas, xoias, etc.
Só temos coñecemento doutro cadeado figurativo en toda a península, procedente de Astorga e exposto no Museo de León.
O cadeado de Lugo seguramente foi importado e dátase no século IV d. C.




< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768