26/06/2010
Programa de actividades para o verán 2010 no Museo Provincial de Lugo
Desde o Museo Provincial de Lugo e do resto dos museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo procuramos satisfacer o interese de todas as persoas, sobre todo dos máis novos, que desexan aproveitar os días de lecer do verán para acrecentar as experiencias tendo como referentes a arte, a historia e, en xeral, a cultura. O programa que lles presentamos tenta ofrecer unha ampla variedade de alternativas, sempre atendendo ao lúdico e ao fomento de valores como a amizade, a solidariedade ou as relacións interculturais. O prazo de matrícula comeza o venres, 25 de xuño, a partir das 10:30 h. e queda aberto ata cubrir as prazas previstas para cada obradoiro por rigorosa orde de inscrición. + Consulte o programa completo>>
O campamento de arqueoloxía, que tanta demanda veu xerando ano tras ano, tenta nesta edición unha reformulación da súa metodoloxía pero sen esquecer o fornecemento de coñecementos arqueolóxicos como fórmula para achegarnos ao noso pasado. A cidade de Lugo e a súa contorna, ricas en localizacións arqueolóxicas, permítennos contextualizar o pasado e motivar o interese polo seu coñecemento entre as xeracións que veñen.
Nos obradoiros ensínanse procesos creativos para que o alumnado os descubra e ao tempo desfrute dando forma a ideas e inquedanzas. Todas as persoas que interveñen como monitores contan con longa e recoñecida experiencia tanto no campo creativo como no da didáctica, o que garante os resultados desta proposta.
Ademais queremos convidalos a participar noutras actividades que se van desenvolver neste período vacacional como a revista oral O pazo das musas, o VIII Curso de Arte Galega, xunto con exposicións ou visitas guiadas, sen esquecer a visita ás coleccións permanentes que se amosan nas distintas salas.
OBRADOIROS
1. Obradoiro: Debuxo
Mestre: Joaquín París
Idades: de 6 a 9 años
Datas: 30 de xuño
Horario: de 11:30 a 13:30 horas
Prazas: 15 participantes
Obxectivos: A representación gráfica de imaxes require da aprendizaxe de técnicas para expresarnos mediante trazos, liñas e colores. Intentámolo!
2. Obradoiro: Xogos romanos de taboleiro
Mestres: Monitores da Asociación Cultural “Caetra Lucensium MMX”
Datas: 5 , 6, 7, 8 e 9 de xullo
Idades: de 8 a 12 anos
Horario: De 11:30 a 13:30 horas
Prazas: 15 participantes
Obxectivos: Estimular a curiosidade polo patrimonio histórico e cultural de Lucus Augusti e promover de modo lúdico competencias ligadas ás áreas das matemáticas e da historia.
3. Obradoiro: Caricaturas
Mestre: Joaquín París
Idades: de 10 a 13 años
Datas: 10 de xullo
Horario: de 11:30 a 13:30 horas
Prazas: 15 participantes
Obxectivos: A caricatura é un retrato esaxerado ou distorsionado da realidade. A técnica da caricatura esixe capacidade de observación, recoñecemento do detalle, sentido do humor, intelixencia…
4. Obradoiro: VII Campamento de arqueoloxía
Mestra: Lucía Dequidt Lagares, Departamento de Didáctica, e Enrique Alcorta, arqueólogo do MPL.
Datas: 19, 20 e 21 de xullo
Idades: de 6 a 9 anos
Horario: de 11:30 a 13:30 horas
Prazas: 15 participantes.
Obxectivos: Recrearemos unha cidade romana cos seus volumes, casas, edificios… e os seus modos de vida materiais e espirituais.
5. Obradoiro: Abanos, arte en movemento
Mestra: Paula Salinas Somoza, Departamento de Didáctica.
Datas: 28 e 29 de xullo
Idades: de 7 a 10 anos
Horario: de 11:30 a 13:30 horas
Prazas: 15 participantes
Obxectivos: Coñeceremos a orixe, usos e segredos da comunicación con abanos. Debuxarémolos e pintarémolos.
6. Obradoiro: Fotografía artística
Mestre: Germán Limeres e Víctor López Formoselle.
Datas: 4, 5 e 6 de agosto
Idades: de 7 a 13 anos
Horario: De 11:30 a 13:30 horas
Prazas: 15 participantes
Obxectivos: Experimentaremos a creación artística a través da fotografía.
7. Obradoiro: Unha de romanos
Mestre: Raquel Guerrero Prieto, Departamento de Didáctica.
Idades: de 8 a 12 anos
Datas: 9, 10, 11 e 12 de agosto
Horario: de 11:30 a 13:30 horas
Prazas: 15 participantes
Obxectivos: Achegarémonos aos modos de vida da sociedade romana, a través de diferentes obxectos que reconstruiremos relacionados coa vida cotiá da época romana que se conservan no Museo Provincial de Lugo.
8. Obradoiro: Escultura
Mestre: J. Manuel Mendoza, Departamento de Didáctica.
Datas: 11 e 12 de agosto
Idades: de 8 a 11 anos
Horario: de 11:30 a 13:30 horas
Prazas: 15 participantes
Obxectivos: Achegámonos á escultura. Facemos investigación sobre esta forma de expresión artística para coñecer os materiais, as épocas e os temas representados en tres dimensións.
9. Obradoiro: A muralla no museo
Mestra: María Losada Montenegro, Departamento de Didáctica.
Datas: 19 e 20 de agosto.
Idades: de 12 a 15 anos
Horario: de 11:30 a 13:30 horas
Prazas: 15 participantes
Obxectivos: Coñeceremos todos os materiais recuperados da muralla, agora expostos no Museo Provincial de Lugo. Como se chaman, para que servían, formas… logo, mediante o xogo que denominamos “Amurallado” completaremos con letras encrucilladas o adarve da Muralla.
VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS
Ademais das visitas guiadas para grupos que se ofrecen durante todo o ano, e que deben ser concertadas previamente co Departamento de Didáctica (tfno.: 982 242 300), durante os meses de xullo e agosto existe a posibilidade de participar nunha visita guiada para os grupos que se formen espontaneamente. Estes grupos deberán estar integrados por un mínimo de 5 persoas.
Visita guiada de verán: de luns a sábado, ás 12:30 horas. Duración: 30 minutos.
Todas as visitas son gratuítas.
__________OUTRAS PROPOSTAS PARA ESTE VERÁN 2010
MESA REDONDA
Tema: Vixencia de Castelao 60 anos despois da súa morte
Xoves, 10 de xuño, ás 19:30 horas
Interveñen: Francisco Rodríguez, Felipe Senén López Gómez, María Pilar García Negro, Manuel Rei Romeu e Aurelia Balseiro como moderadora.
REVISTA ORAL
O pazo das musas, nº 22. xoves, 24 de xuño de 2010, ás 20:00 horas. Revista oral de periodicidade trimestral. Lugar: Refectorio do Museo Provincial de Lugo. Duración aprox.: 1,30 h.
O pazo das musas, nº 23. xoves, 30 de setembro de 2010, ás 20:00 horas. Revista oral de periodicidade trimestral. Lugar: Refectorio do Museo Provincial de Lugo. Duración aprox.: 1,30 h.
CURSO DE ARTE
VIII Curso de Arte Galega do Museo Provincial de Lugo (Do 12 ao 16 de xullo de 2010).
Programa, información e inscricións: Departamento de Difusión. Tfno. 982 24 21 12 / difusion@museolugo.org
EXPOSICIÓNS
Sala de Exposicións do Museo provincial de Lugo
Castelao. A derradeira lección do mestre (do 14 de abril ao 10 de xullo de 2010)
-Visita técnica: martes, 15 de xuño, ás 19:30 horas, a cargo da comisaria da exposición María Pilar García Negro.
A muralla no museo (do 15 de xullo ao 30 de setembro de 2010)
The wal-A Muralla, fotografías de Peter Schneider (do 15 de xullo ao 30 de setembro de 2010)
Refectorio
O castro da Atalaia. Unha mostra excepcional do noso patrimonio (do 7 de ao 20 de xuño de 2010)
Fotografías do Camiño Primitivo (do 25 de xuño ao 11 de xullo de 2010)
Exposición Semana de Cine. Fonmiñá homenaxea a Enrique Muíño (do 26 de setembro ao 10 de outubro de 2010)
Sala do Pazo de San Marcos (sede da Deputación)
Manuel Fernández “Lolo”. As cores da terra, as cores do ceo (do 14 de xuño ao 31 de xullo de 2010)
As cores do mar de Galicia (setembro de 2010)
NOTA IMPORTANTE
A inscrición para as actividades que o requiran é gratuíta. Poderá formalizarse a partir da data de publicación da convocatoria. O prazo remata cando se cubran, por rigorosa orde de inscrición, as prazas previstas na convocatoria.
No caso de non reunir as inscricións suficientes para realizar a actividade ou por causas de forza maior poderá suspenderse algún dos obradoiros, o que se comunicará oportunamente ás persoas directamente afectadas.
__________Información e inscricións:
Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade s/n
27001 Lugo
Tfno.: 982 242112 / 982 242300
info@museolugo.org /didactica@museolugo.org
Enlaces de interese:
1296_PROGRAMA_VERÁN_2010_MPL.pdf
< voltar
|