Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca || Axenda || Axenda Interna
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Actividades



06/02/2012
Comeza o obradoiro do proxecto Quen lle dá a volta á tortilla?

A primeira fase do proxecto consiste no desenvolvemento dun curso práctico ou obradoiro limitado a 20 prazas e 20 horas de duración que se vai desenvolver nas sedes dos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo desde o martes 7 ao sábado 11 de febreiro de 2012. Pode participar calquera persoa con inquedandas artísticas. + info e formulario de inscricións no obradoiro
+ info sobre o proxecto Quen lle dá a volta á tortilla

O obradoiro exponse de xeito moi práctico e combina aspectos teóricos e aspectos lúdicos, demostrando que aprender é divertido. A súa metodoloxía baséase nunha reflexión lúdica e participativa, onde se valora todo o coñecemento e experiencia das persoas que estean involucradas, máis aló de cuestións teóricas, de xénero, procedencia ou idade.

Horario do obradoiro
Do martes 7 ao venres 10 de febreiro. Lugares: Pazo de Tor, Museo Provincial de Lugo, San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar.
Custo por persoa: 20 euros

Calendario e lugares de desenvolvemento do obradoiro:
-Días 7 e 9: Pazo de Tor (Monforte de Lemos) (Saída do transporte de diante do MPLugo ás15:30 horas). Horario: de 16:30 a 20:30 horas.
-Días 8: Museo Provincial do Mar, San Cibrao-Cervo (Saída do transporte de diante do MPLugo ás15:15 horas). Horario: de 16:30 a 20:30 horas.
-Días 10: Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol (Saída do transporte de diante do MPLugo ás16:00 horas). Horario: de 16:30 a 20:30 horas.
-Días 11: Museo Provincial de Lugo. Horario: de 10:00 a 14:00 horas.

Inscricións>/b>
Para máis información e inscricións os interesados/as deben dirixirse á web do colectivo Medusa Mediación, proxecto: Quen dá a volta á tortilla? ( Formulario de inscricións no obradoiro Quen lle dá a volta á tortilla (Medusa Mediación)




< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768