Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca || Axenda || Axenda Interna
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Actividades



29/06/2012
Presentados os programas de actividades para o VERÁN 2012: Museo Provincial de Lugo

O deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, deu a coñecer hoxe os programas coas propostas de actividades para o período vacacional nos catro museos xestionados pola Rede Museística Provincial. + Programa de actividades do Museo Provincial de Lugo


MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
OBRADOIROS
Obradoiro: Enrédate na rede
Os obradoiros pretenden dar unha visión global do museo e do proceso artístico en todos as súas fases e estadios, dende a realización das obras ata a exposición das mesmas nun museo, pasando pola difusión do traballo realizado. Comezaremos cunha visita de iniciación para o coñecemento básico do Museo.

Inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo
Os pais/nais ou titores deberán completar un formulario de inscrición e asinar un permiso de saída, xa que nalgún dos obradoiros desprazarémonos a outros museos da Rede. Así mesmo, como no transcurso dos obradoiros os participantes realizaran vídeos e fotografías que logo exhibirán nas canles dixitais das que dispón a Rede Museística, tamén é necesario que asinen unha autorización ao efecto.

Idades: de 4 a 15 anos.
Prazas: 40 que se cubrirán por orde de inscrición.
Horario: 10:00 a1 4:00 horas

Datas de realización deste obradoiro
Nota aclaratoria: Este obradoiro concíbese como un proxecto único, periodizado en varias fases. Todas os/as inscritos participarán en todas as fases xa que o gran obxectivo é dotar ao asistente dos máximos coñecementos e experiencias posibles no tocante ao funcionamento, xestión e divulgación da actividade dos museos.

Do 9 ao 13 de xullo
Nesta semana centrarémonos nas artes decorativas, a etnografía e a fotografía. O mércores, día 11, terán unha saída ao museo de San Paio para compartir obradoiro cos rapaces que realizan o mesmo obradoiro nese museo.

Do 16 ao 20 de xullo
Dedicaremos esta semana a traballar sobre a pintura nun obradoiro impartido por Noa Persán, no que ademais comezarán a traballar na realización dun “Libro de artista”.
O mércores , día 18, desprazarémonos ao Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo) para compartir actividade cos rapaces que están a realizar o mesmo obradoiro neste museo.

Do 30 de xullo ao 3 de agosto
Esta semana dedicarémola á escultura, instalacións e outras disciplinas. Tamén traballaremos sobre as diferentes canles de difusión do traballo realizado. O día 1 de agosto desprazarémonos ao Pazo de Tor para compartir actividade cos rapaces que están a realizar o mesmo obradoiro neste museo.

Do 7 ao 10 de agosto: Campamento de Arqueoloxía
Nestes días realizaremos unha experiencia práctica consistente nunha escavación arqueolóxica. Impartido por

21 de agosto
Viaxaremos ao Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol, para compartir a xornada cos rapaces e rapazas que participan nos obradoiros dos outros museos da Rede Museística da Deputación de Lugo. A actividade consiste na caracterización de época para a realización de diversos xogos por equipos de carácter competitivo que se inspiran en pasatempos medievais.

Obradoiro: Deseño e moda
O deseño e a moda son actividades creativas que pretendemos divulgar e impulsar familiarizando aos mozos e mozas coas súas diferentes facetas. Este obradoiro procurará a inspiración en obras expostas no MPLugo.

Quendas
-Do 13 ao 17 de agosto (para mozas e mozos de 14 a 16 anos)
-Do 20 ao 24 de agosto (para mozas e mozos de 11 a 13 anos)
-Do 27 ao 31 de agosto (para mozas e mozos de 8 a 10 anos)

EXPOSICIÓNS
40 anos rodando (Auxilia-Lugo). Refectorio do MPLugo (do 17 de xuño ao 15 de xullo de 2012).

Arte para gozar. Sensualidade e erotismo nos museos da Rede da Deputación de Lugo. Sala de Exposicións do MPLugo (do 12 de xullo ao 30 de setembro de 2012).

Teatro fabuloníricos en feminino (Noa Persán). Sala de Exposicións Pazo de San marcos (sede da Deputación de Lugo) (xullo, agosto e setembro de 2012).

Outras actividades
Concertos no Xardín: Actuacións en vivo nos Xardíns do Museo, todos os venres dos meses de xullo e agosto ás 21:00 horas.

Lugo Cinema: proxección de películas e documentais da videoteca da Rede Museística, todos os sábados de xullo e agosto ás 12:00 horas.

Unha tapa de cultura: Visitas guiadas breves, todos os sábados e domingos de xullo e agosto ás 12.00 horas.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN
As inscricións realizaranse no Departamento de Didáctica do MPLugo en horario de mañá, de 10:30 a 14 horas.
Para a súa comodidade, tamén pode descargar o formulario de inscrición, cumprimentalo e asinalo, e logo remitilo a través do fax 982 240 240.
>>Descarque aquí o formulario de inscrición


Para calquera consulta, diríxase aos tfnos. 982 242 300 / 982 242 112, Departamento de Didáctica do MPLugo.

Máis información:
Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade s/n
27001 Lugo
Tfno.: 982 242 112 / Fax: 982 240 240 / info@museolugo.org

Enlaces de interese:
1777_FICHA INSCRICIÓN_Verán 2012_MPLugo.pdf
1777_PROGRAMA_Actividades de verán 2012 (Museo Provincial de Lugo).pdf



< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768