Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca || Axenda || Axenda Interna
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Actividades



05/07/2012
CONCERTOS FLORAIS: Xoán Curiel

Este venres, 6 de xullo, comeza o ciclo “CONCERTOS FLORAIS”. Unha iniciativa do MPLugo e da Rede Museística da Deputación de Lugo que se vai desenvolver nos Xardíns do Museo (con entrada desde a Rúanova), todos os venres de xullo e agosto, sempre ás 21 horas. Comezamos coa actuación de Xoán Curiel e o seu espectáculo Petisco magnético zen, un artista que fai pop galego con influencias de world music. As súas cancións agochan sorpresas agradables: instrumentacións cálidas, arranxos atrevidos, influencias da música étnica e letras conectadas co presente. Magnético Zen é o seu último álbum, no que ofrece a súa particular visión crítica do caos no que se atopa inmersa a sociedade actual.
+ info


Xoán é un dos valores actuais da música galega. No ano 2009 presenta o seu disco Nai. A súa música denominada pop-étnico galego, somérxese nun universo de sonoridades que veñen dende a música de raíz, pasando polo jazz, pop, reggae e a música de autor.
Na súa traxectoria artística destaca a súa versatilidade, participando coma actor, músico, director, cantante ou bailarín en diversos proxectos vinculados á música, o teatro, o teatro infantil e a danza. Proxectos coma o espectáculo infantil A Nena e o Grilo de Magín Blanco e a Editorial Oqo, no que participa coma actor, cantante e músico.
Presenta e canta no espectáculo Cores do Atlántico (2010) de Socorro Lira na Illa de San Simón xunto cos artistas Uxía, Margareth Meneçes, Joao Afonso e Socorro Lira. Participa ademais neste ano coa súa canción “Rapás, rapás...” no videoxogo Galeoke e canta a canción “Gaiteiro de Vainilla” no disco Arrolos de Salitre de Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Participa tamén no disco A Minha Embala da cantante angolana Aline Frazão na canción Kamba de Fala.
O 14 de Xaneiro do 2012 participará no festival da lusofonía Cantos na Maré, xunto con Mayra Andrade, Carlos do Carmo, Socorro Lira e Uxía.
+ info sobre Xoán Curiel


_____
PRÓXIMAS ACTUACIÓNS
-Venres, 13 de xullo, 21 horas: Tundal
-Venres, 20 de xullo, 21 horas: Paloma Suanzes
-Venres, 27 de xullo, 21 horas: Tinno Vaz

-Visite Álbum CONCERTOS FLORAIS

___________________________________



Enlaces de interese:
1783_CONCERTOS FLORAIS.pdf



< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768