13/07/2012
CONCERTOS FLORAIS: Tundal
Este venres, 13 de xullo, continúa o ciclo “CONCERTOS FLORAIS”. Unha iniciativa do MPLugo e da Rede Museística da Deputación de Lugo que se vai desenvolver nos Xardíns do Museo (con entrada desde a Rúanova), todos os venres de xullo e agosto, sempre ás 21 horas. Tócalle a quenda a Tundal, un grupo lucense de recente creación cun repertorio de músicas e letras tradicionais.
+ info
TUNDAL
O Tundal é unha edificación cuberta e aberta por un dos seus muros que serve para gardar ou abrigar cousas ou espazos (o tundal da leña, o tundal do forno...). Noutras zonas da nosa provincia chámaselle alpendre ou alboio...
Este nome sonoro vai servir para denominar un grupo de músicos que baixo o tundal do idioma e da música tradicional, alí onde sexa chamado fará música de rúa, tanto instrumental como cantada e que levará sempre no seu repertorio cantares de cego, romances, cantigas e pezas para seren bailadas.
O número dos compoñentes do Tundal non é fixo, pero no caso que nos ocupa serán seis: Xosé L. Ansemil (percusión e voz); Antón Castro (zanfona e voz); Manolo Darriba (acordeón e voz); Miguel A. Díaz (clarinete e voz); Xan Fuertes (violín e voz) e Pedro Lucas (gaita, frautas e voz).
_____
PRÓXIMAS ACTUACIÓNS
-Venres, 20 de xullo, 21 horas: Paloma Suanzes
-Venres, 27 de xullo, 21 horas: Tinno Vaz
-Visite Álbum CONCERTOS FLORAIS
___________________________________
< voltar
|