Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca Axenda
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Actividades



29/08/2012
CONCERTOS FLORAIS: Fred Martíns

Para porlle o punto ao ciclo denominado Concertos florais, iniciativa da Rede Museística da Deputación de Lugo, que se veu desenvolvendo todos os venres de xullo e agosto nos xardíns do Museo Provincial de Lugo, este venres, 31 de agosto, ás 21:00 horas, contamos coa actuación do cantante e compositor FRED MARTINS.
... ler máis

FRED MARTÍNS
Destacado entre os artistas da súa xeración, o cantante e compositor Fred Martins ofrece un repertorio autoral variado e moi relacionado coa tradición musical do artesanato da canción en Brasil, dialogando co samba e a bossa nova, e tamén mesturando elementos do rock e doutros estilos musicais.
O talento do compositor foi recoñecido no último Premio Visa de Música Brasileira, onde recibiu o premio por unanimidade do xurado e o voto popular, conferido polo público. Tamén rexistrado en disco por Maria Rita (Sem Aviso, Perfeitamente, esta
en o recentemente lanzado cd Elo), Ney Matogrosso (Tempo Afora, Novamente) e Zélia Duncan (Hóspede do tempo, Flores).
A súa relación coa tradición musical brasileira afianzouse co traballo de transcrición de partituras para algúns dos mais famosos Songbooks producidos por Almir Chediak entre eles os de Chico Buarque, Tom Jobim, Gilberto Gil, Dorival Caymmi, Noel Rosa, João Bosco, Caetano Veloso entre outros.
Publicou catro discos Janelas (2001), Raro e comum (2005), Tempo Afora, Cd e DVD (2008), Guanabara (2009). Acaba de lanzar o traballo Acrobata en dúo con Ugia Pedreira (Galicia).
Participou nos festivais internacionais Músicas Portuarias, Cantos na Maré, Festival Jawhara (Marrocos), entre outros eventos.
Actualmente participa como compositor e intérprete no espectáculo de María Pagés, Utopía inspirado en Óscar Niemeyer.

_____
-Máis información na web do artista

_____

Enlaces de interese:
1795_Documentación e contacto_ Fred Martíns.pdf



< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768