Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Videoteca || Axenda || Axenda Interna
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo

RSS Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook Videoteca



Gráfico separador

>   Sala de exposicións do Pazo de San Marcos



11/07/2012
EXPOSICIÓN: TEATROS FABULONÍRICOS, de Noa Persán

INAUGURACIÓN: martes, 10 de xullo, ás 20:00 horas. SALA DE EXPOSICIÓNS PAZO DE SAN MARCOS (sede da Deputación de Lugo). Estes “Teatros fabuloníricos” de Noa Persán reúnen unha ducia de composicións (á maneira de retablos ou de entremeses ilustrados) cos que critica, revisa, actualiza e reinterpreta a ideoloxía de varios temas do fabulario clásico. ... ler máis

Nada é inocente e as moralexas disfrazadas de boas intencións das fábulas, tampouco. Máis ben, pola contra, todas as mensaxes que se nos viñeron transmitindo deste temas a través de textos e imaxes reflicten doutrina, e tamén prexuízos, de orde moral e sexista que a artista revisa desde a súa persoal visión do mundo e das relacións entre persoas. Unha aposta de síntese en clave feminina que ilustra desde o onirismo pictórico o pensamento de Noa Persán sobre estes asuntos.
Unha exposición escrita en imaxes por Noa Persán e ilustrada con textos de Antonio Reigosa.

OBRADOIRO
Do 16 ao 20 de xullo NOA PERSÁN impartirá un obradoiro sobre pintura no que se traballará na relalización dun “Libro de artista”.

+info e inscricións: Departamento de Didáctica do MPLugo, tfno.: 982 242 112

HORARIO DE VISITAS
Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)
(Do 10 de xullo ao 16 de setembro de 2012)

Entrada gratuíta

Horario
Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.

Sala de Exposicións Pazo de San Marcos
Edificio da Deputación Provincial de Lugo
R/ San Marcos s/n
27001 Lugo

Contactos: Tfno.: 982 242112 / info@museolugo.org

-Web oficial de Noa Persán


-Visita panorámica da exposición

_________________




< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768