Códigos para eventos de ratón. Debe activa-la execución de Javascript se desexa aprecialos.
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local Axenda
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL - Creada no ano 2006 aglutina os museos e salas de exposicións e coleccións visitables dependentes da Deputación de Lugo. Pretende unificar criterios, incentivar a colaboración, optimizar recursos e, sen mingua das identidades de cada un dos centros integrados, contribuÌr a facer universal o local

SeparadorVicepresidencia Primeira - Cultura - Museo Provincial de Lugo


> Museo Provincial de Lugo
> Museo Etnográfico San Paio de Narla
> Museo Provincial do Mar
> Pazo de Tor

Síguenos en Twitter Faite admirador en Facebook






Gráfico separador

>   Noticias



15/07/2010
Premio para o proxecto da Rede Museística 'Follas novas, Novas follas'

O xoves, 15 de xullo, tivo lugar na Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, no marco dos actos conmemorativos do 125 aniversario do pasamento da poetisa, a entrega do PREMIO ROSALÍA DE CASTRO PARA EXPERIENCIAS PEDAGÓXICAS que recaeu esta vez no unidade didáctica do proxecto pedagóxico 'Follas novas, Novas follas' desenvolto por tres dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo (Museo Provincial do Mar, Museo Etnográfico de San Paio de Narla e Pazo de Tor).+ info >>

__________FOLLAS NOVAS, NOVAS FOLLAS
"Follas Novas. Novas Follas é un proxecto de intercomunicación dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo coa sociedade no que participan profesorado e alumnado de diversos centros escolares, xunto con pais e nais ,avos , avoas. Un experimento comunicativo que pretende, como grande obxectivo, o achegamento dos máis novos ao marabilloso mundo da lectura.Que mellor forma de homenaxear a Rosalía de Castro que lendo e analizando a súa obra para educar en valores neste ano que a Unesco adica o achegamento entre culturas"

__________PREMIO
Este galardón creado pola Fundación Rosalía de Castro e patrocinado pola Consellería de Educación, Dirección Xeral de Política Lingüística e Concello de Santiago, pretende potenciar o coñecemento de Rosalía e da súa obra, referencia imprescindible
na formación integral dos escolares.
O xurado avaliou a metodoloxía empregada, o material de apoio, a idoneidade da selección de contidos, a escolla dos textos rosalianos, o carácter innovador, a atención á diversidade, o emprego de novas tecnoloxías e a implicación de toda a comunidade educativa.

__________TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO: FOLLAS NOVAS, NOVAS FOLLAS
+ Follas Novas (web) >>

+ Follas Novas nos museos da Rede Museística >>

__________
Dende a Rede Museística queremos agaradecer profundamente este recoñecemento feito pola Fundación Rosalía ao traballo desenvolto durante todos estes meses por un grupo multidisciplinar de persoas e sobre todo, un traballo realizado polos propios nenos de primeira man. Estas follas novas, estas follas de carballo que escollemos como símbolo do proxecto van máis alá do que unha folla pode dar a entender. Nelas, vai a sabia nova en forma de reflexión dun conxunto de rapaces de diferentes procedencias, reflexións instigadas pola verba rosaliana que exerceu de fertilizante e alimento para que estas novas follas agromasen até chegar ao seu esplendor. Follas de carballo, polo tanto folla caduca que, seca vai ao chan. Vai ao chan máis non a morrer, vai a alimentar a terra, a deixar nela os nutrintes adecuados para que nela agrome a vida, incen novas formas e continúe con fermosa fasquía a árbore da que forman parte. Para que o carballo da língua, da poesía, do achegamento entre culturas, do respecto e do trato en igualdade se mostre forte e rexo, vigoroso; coa forza precisa para continuar a medrar e ofrecer cada vez a máis xente a sombra da cordialidade, a madeira da comprensión do diferente e a landra da tolerancia. O esforzo común como guía para a viaxe que no tempo e no espacio fai a sociedade humana.
[Palabras de agradecemento polo premio recibido]




< voltar



Línea horizontal
Subscricións |  Web optimizada 1024x768